A pobre cabaciña estaba triste.
Todos os nenos e nenas que se
achegaban a ela saían correndo asustados.
Cabaciña só podía poñer cara
de medo.
Cabaciña quería estar
contenta.
Así que un día falou coa súa
mellor amiga, que era outra cabaza.
A súa amiga díxolle que elas
eran cabazas de Samaín.
As cabazas de Samaín non
poden estar contentas. Teñen que dar medo.
Pero cabaciña quería estar
contenta.
Un día, un home comezou a
quitar as cabazas.
Ela quixo saber por que.
Xa rematou o Samaín, dixo.
Pronto chegará o Nadal.
As cousas de Nadal están
contentas, pensou cabaciña. Ela tamén quería. Non era xusto que agora as
quitasen a elas e non lles deran a oportunidade de seren felices.
O señor achegouse a ela e
díxolle que falara cun neno da vila. Quizais un neno podería facer algo.
Se cadra podía pintarlle unha
cara contenta.
O home levou a cabaciña e á
súa amiga á casa dunha nena.
Queremos estar contentas,
dixeron as cabaciñas.
A nena pensou niso e deu coa
solución.
A rapaza puxo unha cabaza
encima da outra, pintounas de branco e púxolles unha bufanda vermella.
Agora, só falta unha cenoria.
E as cabazas, por fin,
puxéronse contentas.
Daniela D.